Xéranse 27 postos de traballo na nova factoría de FRICAM

    inauguracion_fricamcopy.jpgCAMBADOS> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á inauguración desta novas instalacións situadas no polígono de Sete Pías.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_INSTALACIONS_FRICAM.flv{/flowplayer}

    A principal actividade desta compañía é o procesamento, conxelado e almacenamento de produtos da pesca como cabala, sardiña, xurelo, pescada ou bonito, entre outros.

    Deste xeito, FRICAM permitirá ós traballadores do mar, tal e coma sinalou o Presidente do Consello de Administración, Joaquín Escalante, que as súas mercancías teñan un destino seguro.

    Nesta nova planta, que se inaugurou esta mesma mañá, xa se crearon 27 postos de traballo, cifra que se podería ampliar ata os 50 empregados. Neste senso, a Conselleira do Mar ovacionou o traballo deste empresa ó contribuír a consolidar o carácter punteiro que caracteriza ó Salnés no eido transformador e comercializador dos produtos do mar.

    Precisamente, a cualificación é o aspecto diferenciador desta compañía en relación a outros países europeos o que lles permite, ademais, obter un produto de excelente calidade. A nova factoría transformará anualmente ó redor de 7.500 toneladas de peixe das cales se estima destinar o 80% a mercados exteriores.

    A Consellería do Mar destinou a esta infraestrutura 1,9 millóns de euros.

     Redacción Salnés