Entretendas completa a Festa da Raia ca II Feira de Oportunidades

     SANXENXO> A fin de semana da vindeira Semana Santa, amais dos tradicionais oficios relixiosos e das degustacións gastronómicas…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_oportunidade_entretendas_210313.flv{/flowplayer}

     … incluídas dentro da Festa da Raia, Sanxenxo ofrece tamén unha proposta de shopping: unha feira de oportunidades onde os comercios locais asociados a Entretendas intentarán dar saída á mercancía excedente do inverno a importantes descontos. Esta feira de oportunidades terá lugar os días 29, 30 e 31 na carpa situada na zona portuaria de Portonovo, en horario ininterrompido de once da mañá a dez da noite.

    En total serán vinte as tendas participantes, case todas deste Concello e de recoñecida calidade na vila. O único que rebaixan son os prezos para poder capear así a pasada tempada. Entre a oferta disposta podemos encontrar sobre todo téxtil e calzado; amais dun stand de degustación de chacinería.

    Esta feira complementará o resto das actividades previstas na Festa da Raia, que amais da propia degustación, inclúen obradoiros, actuacións, actividades para os máis cativos e todo tipo de entretementos.

    Redacción Salnés