A Festa do Albariño estreará o recoñecemento de Interese Turístico Internacional

CAMBADOS> A sesenta e sete edición das Festas do Albariño estreará o recoñecemento de Interese Turístico Internacional. O festexo celebrarase do 31 de xullo ao 4 de agosto. O sábado destacan os concertos de Siniestro Total e Mala Rodríguez. Ademais nesta edición participarán 44 adegas con 42 casetas diferentes.

O concello de Cambados deu a coñecer a totalidade dos eventos que se levarán a cabo na LXVII  edición da festa do Albariño. Un festexo especial xa que este ano estrea o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

As festas comezarán o mércores 31 de xullo co pregón a cargo de Salvador Cores o Manso e rematarán o domingo 4 co espectáculo pirotécnico. Serán 5 días con diversas actividades como espectáculos para nenos, orquestras de mércores a sábado e diferentes concertos entre os como Luz Casal e Cora Velasco e o prato forte o sábado 3: Siniestro Total e Mala Rodríguez.

Ademais das actividades culturais e musicais non poden faltar aquela relacionadas co protagonista das festas, o albariño. Nesta edición participarán 44 adegas en 42 casetas. A novidade é que as catas cos expertos serán o xoves e o venres en lugar da fin de semana.

As casetas estarán abertas dende o mércores ata o domingo en horario de medio día ata as 3 da mañá. O domingo terá lugar o xantar popular do Albariño no Pazo Torrado. Ante a afluencia de visitantes o concello reforzará os servizos de limpeza, sanitario e de seguridade. Todo estará a punto para gozar dunha festa de Interese Turístico Internacional.