‘A ordenanza está en vigor e xa podemos comezar a sancionar’

    terrazas_baldosacopy.jpgVILAGARCÍA> A edil de Promoción Económica advirte de que opoñerse á norma das terrazas pode supoñer a perda da licenza.

    {flowplayer}images/salnes/ROSA_ABUIN_TERRAZAS.flv{/flowplayer}

    O un de outubro foi a data na que entrou en vigor a ordenanza municipal das terrazas no concello de Vilagarcía. Desde entón foron múltiples as críticas dirixidas tanto cara ó documento como cara á edil de promoción económica.

    A raíz das últimas declaracións do candidato popular, Tomás Fole, polas que instaba ós hostaleiros a non cumprilo regulamento, Rosa Abuín, acusouno de irresponsable e incompetente. Sinalou que deste xeito non se daría cumprimento á lei de accesibilidade.

    Pero o enfrontamento non se xerou só cos grupos da oposición senón tamén cos hostaleiros. Gran parte deste colectivo non ve máis que inconvenientes neste documento.

    En concreto, Rosa Abuín, tivo palabras para os negocios da Baldosa os cales se amosaron máis reticentes a cumprila. Sinalou que a ordenanza está en vigor e que xa poden comezar a sancionar.

    O propietario da Vinoteca Lembranza, para o cal Abuín tamén tivo palabras, confesou que si asinou un escrito cons outros negocios da Baldosa para harmonizalo mobiliario pero que para nada está de acordo co regulamento. Considera que só ven a prexudicar ó negocio da hostalería. Por iso piden poder ter capacidade de decisión.

    Este hostaleiro confesou, finalmente, que están dispostos a dialogar e negociar. Mentres tanto, rematou dicindo, seguirán incumprindo a ordenanza.

    Redacción Salnés