40 restaurantes do Salnés benefícianse dun proxecto piloto para medir a calidade do seu aire

O SALNÉS> 40 restaurantes do Salnés contarán cun dispositivo tecnolóxico que lles permitirá medi-la calidade do seu aire. Trátase dun proxecto piloto, impulsado pola Mancomunidade do Salnés, que busca reduci-los riscos da covid. A través dunha pequena instalación meteorolóxica, mídense varios parámetros do aire, tanto en tempo real como a través de acumulados. A ferramenta permite aportar seguridade tanto ós responsables dos locais como aos seus clientes.

40 restaurantes da comarca do Salnés contarán cun aparello como este para medi-la súa calidade do aire. Trátase dunha estación meteorolóxica que ofrece datos en tempo real. O proxecto está liderado pola Mancomunidade do Salnés, a través de fondos Interreg.

Ademais, a estación crea históricos que despois permiten ao restaurante tomar medidas para mellora-la calidade do aire, como unha maior ventilación. A situación real do local pode ser consultado a través dunha aplicación.

O proxecto busca tamén o fomento da iniciativa empresarial para o desenvolvemento tecnolóxico deste tipo de servizos. Trátase dunha iniciativa que está integrada dentro dun proxecto europeo liderado polo organismo comarcal e na que participa tamén a Universidade de Vigo ou a Dirección Xeral de Administración Local. A idea é que despois poida aplicarse a outros usos e tamén extendelo a outros territorios.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí