Cambados accederá o venres ao nivel medio de restricións sanitarias

CAMBADOS> Cambados accederá o venres ao nivel medio de restricións sanitarias. A vila non se atopaba neste situación dende o pasado mes de novembro. O municipio contabiliza hoxe 32 casos activos.

Unha das noticias máis agardadas polo concello de Cambados chegou hoxe a mañá. A consellería de sanidade anunciaba que o vindeiro venres a vila pasaría ao nivel medio de restricións sanitarias. Un avance avalado polo comité clínico debido ao descenso dos casos activos e da incidencia acumulada no municipio.

A vila conta na actualidade con 32 casos activos. Dende o goberno local agardaban que este avance nas restrición se houbese dado antes.

Dende a vila consideran que a situación non é critica pero piden á veciñanza que manteñan todas as precaucións.

A vila non descendía a este nivel de restricións dende o pasado mes de novembro, coa excepción dos días 21 ao 25 de xaneiro. En canto aos casos activos, segundo indica a alcaldesa, estanse todos a recuperar nos seus domicilios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí