Rasoeiro e Agnusdei, ano novo para loitar pola permanencia

balonman100_091208.jpgO GROVE > Desde O Grove chegan boas novas do Rasoeiro, que venceu o sábado ó Novás, o colista do grupo. Desde Meaño xa non veñen tan boas. O Agnusdei ofreceu unha mellor cara á súa afección pero acabou derrotado polo Cangas.

30 a 25. Así quedou o marcador en Monte da Vila, ó remate do encontro entre o Rasoeiro e o colista do grupo, o Novás. O partido comezou igualado ante o bo nivel defensivo de ambos conxuntos. Tralo descanso os grovense saíron con maior soltura ofensiva e chegaron a acadar cómodas vantaxes de ata seis goles. Pese a esta vitoria, o Rasoeiro xa non ten opcións para finaliza resta primeira parte d atempada no grupo de equipos que xogarán por ascender. Os de Jaime García, por tanto, comezarán en xaneiro a liga da salvación, na que parten como favoritos a eludir o descenso.

O Agnusdéi ofreceu esta xornada unha mellor cara ante o líder, o Cangas. Amparados por unha gran actuación do seu porteiro Cristian, os locais enfrontáronse ó Cangas pero acabou caendo só nos últimos minutos, pola falta de forzas e o exceso de nervios. 27 a 30 foi o resultado final. Ós meañeses quédanlles dous partidos antes de iniciar a fase pola permanencia, na que se medirán ó Artai e ó Camariñas. Un triunfo sería moi importante para subir a moral.

Redacción Salnés