Os venezolanos das Rías Baixas recollen firmas contra o réxime de Maduro en Vilagarcía

    A Asociación de Venezolanos Rías Baixas celebrou esta mañá en Vilagarcía unha recollida de firmas para esixir o cese da violencia no seu país e pedindo ás autoridades españolas e europeas que repudien o réxime de Nicolás Maduro. A de hoxe na capital arousá foi a primeira das xornadas dun movemento a nivel mundial . l Son as bagoas de impotencia. Bagoas de Venezolanos residentes nas Rías Baixas, pero que por moita distancia que haxa non esquecen o que está a acontecer no seu país de orixe. Baixo o lema,. “Venezuela somos todos”, a asociación de Venezolanos residentes na comarca instalaron hoxe na Praza de Galicia de Vilagarcía unha carpa desde as dez da mañá ás dez da noite, co obxectivo de dar a coñecer a situación dos seus compatriotas e solicitar a colaboración cidadá en dous aspectos: a recollida de medicamentos para poder enviar, e tamén, de sinaturas para que a Corte Penal Internacional da Haya investigue os crimes cometidos en Venezuela. Para escenificar a situación que se está a vivir no seu país, a chan da praza de Galicia, converteuse nun cemiterio. E é que eles, con familiares e amigos no país, saben de primeira man como é a situación Hoxe é o primeiro día, a nivel mundial d esta recollida de firmas. Os días 1 e 2 de xullo faráse conxuntamente en tódolos países implicados, desde a Patagonia ata Canadá. Aquí en Galicia, terán a oportunidade de deixar a súa sinatura de apoio, ou doar medicamentos, aquí de novo en Vilagarcía, pero tamén en tódalas cidades galegas.