O home de Cea continúa atrincheirado cunha escopeta no seu domicilio e non atende a negociacións

VILAGARCÍA> Un home de Cea atrincheirado no seu domicilio familiar dende onte á noite. O varón está só e armado cunha escopeta. Ata o lugar achegáronse membros das diferentes forzas de seguridade do estado, incluídos os Geos.

——————

Na tranquila parroquia de Cea en Vilagarcía, levan dende onte a noite pendentes dun home de 44 anos que se atopa atrincheirado na súa vivenda. O home encerrouse cunha escopeta tras unha liorta familiar cos seus pais. Segundo fontes policiais, estas desavinzas son frecuentes cos seus proxenitores. De feito, xa ten antecedentes por altercados anteriores.

O suceso casou gran preocupación nos veciños da zona ao ver o amplo despliegue policial e ao coñecer que este vilgarcián xa estivera en prisión por cravarlle un coitelo ao seu pai hai dez anos. Ata o lugar achegáronse membros das diferentes forzas de seguridade do estado, incluídos os Geos.

A zona próxima á vivenda continúa acordoada e vixiada pola policía. Ao longo do día tanto os pais, como o avogado así como un negociador das forzas de seguridade tentaron que o home abandonase a vivenda pero ao peche desta edición aínda non o conseguiran.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí