Cambados inaugurará o museo Ramón Cabanillas o vindeiro 3 de Xuño

CAMBADOS> Cambados presenta os actos cos que inaugurarán o museo Ramón Cabanillas. A apertura terá lugar o día 3 de xuño en conmemoración co nacemento do escritor. Ao día seguinte entregarase o premio na súa honra que este ano recaerá en Xoán Antonio Pillado, primeiro alcalde da democracia en Cambados e gran coñecedor da vida de Cabanillas.

O concello de Cambados poderá inaugurar ao fin o museo dedicado ao seu poeta máis ilustre, Ramón Cabanillas. Dende o ano 2009 os diferentes gobernos da vila traballaron con este obxectivo, pero as restricións evitaron que o espazo abrise. A mellora da situaciónCoa mellora da situación e grazas ao traballo de Luís Rey e Paco Fernández.

Ao día seguinte da inauguración, o venres 4, terá lugar a entrega do XVII premio Ramón Cabanillas. Nesta edición, o galardoado será Xoán Antonio Pillado, primeiro alcalde da democracia en Cambados e gran estudiado da vida de Cabanillas.

O premiado mostrouse sorprendido e contento por recibir esta distinción.

A familia de Cabanillas tamén mostrou o seu orgullo pola futura inauguración do museo e polo premio a Xoán Antonio Pillado.

O acto da entrega do XVII premio Ramón Cabanillas terá lugar o día 4 na calzada. Nunha homenaxe ao escritor que contará con música e poesía entre outros actos sorpresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí