O PSOE local propón crear unha escola taller para fomentar o emprego

    dulcineaescolataller copia.jpg SANXENXO> É un dos proxectos que centrará o seu programa de goberno no caso de chegar á alcaldía.

    {flowplayer}images/salnes/ESCOLA_TALLER_PSOE_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Turismo, emprego e vivenda son os tres eixos nos que o PSOE de Sanxenxo está a estruturar o seu programa electoral. Esta mañá presentaron un dos proxectos chave que integra a segunda área, o emprego. Trátase da construción dunha escola taller e unha nave industrial no polígono de Nantes, iniciativas coas que pretenden solucionar a falta de formación laboral, sobre todo entre a xente máis nova, e incentivar a actividade empresarial poñendo en funcionamento o parque industrial.

    O deseño dos edificios está pensado para encaixar no entorno natural, ó igual que os materiais empregados: pedra, formigón e madeira. Contaría con tres volumes, un correspondente ó centro de formación, con aulas e unha biblioteca, outro ó taller, e un terceiro que serviría de nexo entre estes dous edificios e no que se distribuirían a cafetería e unha sala de exposicións. Para definir as materias que se aprenderán realizarase un estudo previo.

    A obra suporía unha inversión de preto dun millón cincocentos mil euros, partida que os socialistas propoñen cubrir con solicitando programas e subvencións promovidos a nivel europeo.

    Redacción Salnés