Comeza en Vilagarcía o III Obradoiro de Emprego Vista Alegre

    VILAGARCIA> Hoxe comezou en Vilagarcía “ Vista Alegre 3”, un novo obradoiro de emprego para persoas en paro que formará a 21 persoas durante 6 meses en elaboración de páxinas web e carpintería. Unha oportunidade formativa que intentará axudar a estas persoas a estar mellor preparadas para buscar un novo emprego.

    Xa está en marcha un novo obradoiro de emprego na comarca. Desta volta, o que comezou hoxe foi o taller Vista Alegre 3 de Vilagarcía, no que 21 persoas se formarán durante medio ano en elaboración de páxinas web e carpintería. En concreto serán 12 desempregados os que aprenderán máis sobre carpintería e outros 9 na elaboración e publicación de páxinas web. Amais, durante este período formativo recibirán o salario mínimo interprofesional, cifrado arestora en case 642 euros mensuais. A Xunta de Galicia aposta de xeito decidido por estes obradoiros formativos; un modelo que pretenden seguir ampliando en sucesivas edicións. A Consellería de Traballo e Benestar está a poñer en marcha estes días en toda Galicia un total de 53 obradoiros, que suporán un investimento de preto de 10 millóns de euros, cos que formar a case 1.300 desempregados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/obradoiro_emprego.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/obradoiro_emprego_villa.mp4{/flowplayer}