![]()
VILANOVA> O PSOE de Vilanova considera que o PP local está a infrinxir a Lei Electoral Xeral ó seguir publicando …
{flowplayer}images/salnes/denuncia_electoral_psoe_vilanova.flv{/flowplayer}
VILANOVA> O PSOE de Vilanova considera que o PP local está a infrinxir a Lei Electoral Xeral ó seguir publicando os boletíns informativos desde o Concello.
Segundo sinala o candidato socialista Jorge López, a nova regulación electoral prohibe que institucións públicas fagan publicidade de logros da súa lexislatura, e asegura que isto é o que está a facer o goberno de Vilanova. Un feito que denunciará ante a Xunta Electoral de Zona.
Os socialistas critican tamén o contido destes boletíns. No correspondente a este mes de marzo remárcase por exemplo como proxecto estrela a adquisición do Pazo de Vista Real. Jorge López lembra que foi por iniciativa do PSOE. Tamén se anuncian beirarrúas na PO-549 en San Miguel, cando, di o candidato socialista, o PP xa o vén prometendo desde 1999.
O PSOE advirte que ultimamente o Concello está a publicar con máis asiduidade estes boletíns, que recorda, están pagados por tódolos veciños, non polo PP.
Redacción Salnés










