Os veciños de Palmeira aumentan a presión para conseguir un médico a tempo completo

RIBEIRA> Os veciños de Palmeira están convocados a unha xuntanza esta noite na casa do Mar para abordar a situación provocada polo baixa do médico da localidade. Acusan ó Partido Popular de mentir dando unha versión no concello e facendo o contrario no Parlamento.

Manipulados. Así se senten os veciños de Palmeira que a pasada semana asistiron ó debate da proposta presentada polo BNG no Parlamento na que, entre outros puntos, demandaban a cobertura da baixa do médico da localidade a tempo completo.

Á espera de achegar posturas na xuntanza prevista co concello, os veciños buscan a implicación co tecido asociativo de toda a localidade polo que esta noite manterán unha xuntanza para promover accións conxuntas de cara a contar con asistencia médica tódolos día e non só unhas horas á semana.

A mobilización partirá ás oito e media dende o centro de saúde de Ribeira

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí