LOUSAME> A Conselleira de Infraestruturas e a alcaldesa de Lousame asinaron un convenio de colaboración para dotar de saneamento e depuración a 5 núcleos do municipio. Suporá un investimento de máis dun millón de euros, dos que a Xunta asumirá o 80 por cento.
Os veciños de Devesa, Berrimes, A Silva, As Quintáns, A Costa e parte de Cruído disporán de servizo de saneamento grazas ó investimento que vai realizar a Consellería de Infraestruturas. A actuación consistirán na execución dunha rede de saneamento que conducirá as augas residuais destes núcleos a unha nova depuradora que se construirá na zona do rego de Pesqueira.
O importe total da actuación que beneficiará a preto de 400 veciños é de 1’1 millóns de euros, dos cales a Xunta asumirá o 80 por cento e o resto correrá a cargo das arcas municipais. O concello comprométese ademais a realizar a tramitación administrativa, sometendo o proxecto a información pública e poñendo a disposición os terreos necesarios para a execución das obras.