A casa de Rafael Dieste pasa a integrar o patrimonio do concello de Rianxo

    casarafaeldieste_100_281207.jpgRIANXO > O proceso para a constitución e posta en marcha da Academia Literaria dou un novo paso adiante coa compra da casa natal de Rafael Dieste.

    Era o mellor regalo que os rianxeiros podían recibir este Nadal. A casa natal do escritor Rafael Dieste xa forma parte do patrimonio cultural da vila despois de que o concello chegara a un acordo cos propietarios do inmoble para a súa venda.

    Este venres, o alcalde, Pedro Piñeiro, asinou o acordo de compra cos herdeiros do escritor que percibirán unha contía próxima ós 300 mil euros, sufragados polo Ministerio de Cultura.

    Esta operación supón un novo paso adiante na creación da Academia Literaria de Rianxo, un ambicioso proxecto que pretende a reconversión das casas natais de Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao en museos divulgativos da vida e obra destes tres grandes intelectuais rianxeiros.

    A compra formalizada este venres vense sumar á adquisición da casa de Manuel Antonio, que se materializou o pasado ano por un importe de 240 mil euros. Agora, só resta retoma-las negociacións cos propietarios da casa de Castelao que, polo momento, semellan non estar dispostos a vender, o que podería derivar no inicio dun proceos de expropiación.

    {flowplayer}barbanza/casarafaeldieste.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza