A Pobra acollerá este domingo o Campionato Galego de Trail

POBRA> Esta mañá  presentábase na Pobra do Caramiñal a sexta edición do Campionato Galego de Trail. A proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa Asociación Deportiva do Barbanza, e co patrocinio do Concello, desenvolverase este vindeiro domingo na Serra do Barbanza.

Preto dun douscentos corredores chegados dende diferentes clubs de toda Galicia tomarán parte este vindeiro domingo na Pobra na sexta edición do campionato Galego de Trail. A proba foi presentada esta mañá, coa presenza do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, entidade xunto coa Asociación Deportiva do Barbanza organizadora da mesma.

Despois do paréntese obrigado do ano pasado pola irrupción da pandemia, a cita disputarase tanto na modalidade de individual como na de por equipos.

Entre os favoritos a levarse a vitoria este domingo na Pobra figuran, en categoría masculina, os irmáns Martínez, Rubén e Carlos, actuais campión e subcampión galegos absolutos respectivamente, do Atletismo Negreira. E en féminas a actual subcampioa galega absoluta Eva de la Fuente do Brión-Hyupersa Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí