O BNG propón un comedor centralizado no colexio Magariños

    victor_caamano100.jpgCAMBADOS> O BNG de Cambados propón aproveitar os terreos do colexio Magariños para construír alí un comedor escolar centralizado.

    {flowplayer}images/salnes/bng_cambados_comedor.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O BNG de Cambados propón aproveitar os terreos do colexio Magariños para construír alí un comedor escolar centralizado.

    Segundo indicou o portavoz do grupo municipal do BNG, Víctor Caamaño, detrás do centro escolar hai terreo que se pode desafectar para darlle este novo uso. A idea é que dea servizo ós alumnos de tódolos centros de primaria do municipio, que se trasladarían no autobús escolar.

    Para o BNG esta é unha proposta acertada, realista e que se pode cumprir a curto prazo. Satisfaría ademais unha vella demanda das APAS. Víctor Caamaño indicou que presentará este proxecto no Concello. De todos xeitos sinalou que o recollerá no seu programa electoral e que, de acadar o goberno, o fixará como prioridade.

    Redacción Salnés