Avogados e traballadores de Clesa estudan a situación da empresa

    clesaguerrajuarez copia.jpg PONTEVEDRA> O conselleiro de Industria, Javier Guerra, informou ó comité de que a compañía lle manifestou que non ten intencións de vender a planta de Saiar.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_GUERRA_JUAREZ_CLESA.flv{/flowplayer}

    A primeira destas xestións que desde a Xunta están levando a cabo para coñecer a situación real da fábrica de Clesa, e da que informaron ó comité de empresa, foi o resultado da xuntanza que tiñan pendentes cos propietarios de Nueva Rumasa. Segundo informou o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, a compañía non ten intencións de vendela planta de Saiar.

    A pesares disto, o comité de empresa foi informado dos contactos que a Xunta mantivo con posibles interesados en adquirila factoría. Desde o ente autonómico amosáronlle todo o seu apoio para atopar unha posible solución.

    Para isto é preciso coñecer polo miúdo a situación pola que atravesa Clesa. Información que a familia Ruíz Mateos non está disposta a facilitar, tal e coma sinalou o responsable de Industria. Para acadar este obxectivo, desde a Xunta puxeron a disposición do comité de empresa un gabinete xurídico.

    Polo momento, os conselleiros de Industria e Medio Rural comprometéronse a manter outra reunión cos membros do comité despois de Semana Santa.

    Redacción Salnés