Noia celebra mañá unha velada de deportes de contacto cun torneo europeo de Muay Thai

NOIA> Este sábado celebrarase en Noia unha velada de deportes de contacto. O evento inclúe un campionato de Muai Thai europeo con loitadores de diversos países.

Competidores da talla de Joao Carvallo, Leandro Miranda  ou os noieses Pablo Liñayo e Manuel Castro daranse cita este sábado en Noia para participar na velada de deportes de contacto que dará comezo ás nove da noite no pavillón Agustín Mourís.

Esta cita está organizada polo Club de Loita Noia e ademais das exhibicións e combates de boxeo e kickboxing incorpora este ano unha novidade: un torneo a catro de Loita taildandesa.

Dende a organización animan ós noieses a achegarse a disfrutar dunha noite que promete espectáculo dada a gran afección ós deportes de contacto existente na vila noiesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí