Falece un home calcinado diante da súa casa

    fotosucesocopia.jpg VILANOVA> Tiña de 49 anos de idade e faleceu queimado diante da súa casa. Aínda que polo de agora se descoñecen as causas, todo apunta a que foi un accidente.

    {flowplayer}images/salnes/SucesoVilanova.flv{/flowplayer}

    O home era coñecido por tódolos veciños de Vilanova co alcume de Pacheco. Residía neste edicifio onde ocupaba a planta baixa, mentres que a súa irmán vivía no terceiro. Ela foi a que atopou o corpo cando volvía para casa.

    Segundo os veciños era un home tranquilo que non adoitaba falar con ninguén pero que tampouco era problemático. Os feitos producíronse tan rápido que ninguén se percatou do que acontecía.Algúns incluso o viran esta mesma mañá.

    Ata o lugar dos feitos trasladouse a Policía Local, a Garda Civil e a Policía Xudicial que tomaron as mostras precisas para investigar cales foron as causas sucedido. Nun primeiro momento todo apunta a que puido ser un accidente.

    Redacción Salnés