O club de piragüismo de Portonovo inaugura a súa nova sede na praia de Baltar

SANXENXO> O club de Piragüismo de Portonovo xa dispón dunhas novas instalacións para os seus deportistas. A nova sede ten unha superficie de 300 metros cadrados e está situada na praia de Baltar. O traslado permitirá ao club mellorar a comodidade e a seguridade dos seus piragüistas.

Con esta simbólica entrega de chaves, inaugurábanse en Sanxenxo a nova sede do real club náutico de Portonovo. Unhas instalacións que xa son unha realidade despois de máis de 10 anos agardando por elas. A nova nave ten unha superficie de 300 metros cadrados e contou cun investimento de preto de 200 mil euros.

As novas instalación están situadas na praia de Baltar. Unha localización que evitará, aos preto de 120 piragüistas do club, atravesar a estrada para poder chegar ao mar.

A instalación conta con tres baños, un deles adaptado, unha oficina, ximnasio e un almacén que pode dar cabida a máis de 80 piraguas. Unha nova sede que permitirá ao club seguir mellorando.

Concello e club xa traballan para equipar por completo a instalación. No caso do ximnasio, estará dotado con máquinas procedentes da piscina municipal. Dende o concello matizan que esta xa é a sede definitiva do club. No futuro  se é necesario faranse as reformas oportunas para adaptarse tanto ao crecemento do club como ao novo proxecto de remodelación do porto de Portonovo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí