VILAGARCIA> O BNG traslada o seu apoio á comunidade educativa do colexio A Lomba de Vilagarcía polo peche dunha das aulas de cuarto de infantil. Os nacionalistas levarán ao Parlamento de Galicia e ao pleno do concello este asunto, demandando á Consellería de Educación que manteña esa aula e á profesora desa etapa. Critican que coa medida as ratios das outras dúas aulas dese curso van pasar ao máximo cando, apuntan, debera ser todo o contrario.
A decisión da Consellería de Educación de eliminar no colexio A Lomba de Vilgarcía unha das tres aulas de cuarto de infantil e unha praza de profesora desta etapa non gusta ás familias do centro nin tampouco ao BNG.
Este luns os nacionalistas levaron esta cuestión ao Parlamento.
Explican que esta decisión vai na liña contraria ao obxectivo de reducir as ratios, porque co peche dunha das tres aulas, as outras dúas verían incrementado o seu número de alumnos roldando ou incluso superando o obxectivo máximo.
No BNG ven este problema como unha oportunidade para A Lomba, podendo establecer unha ratio de 17-18 alumnos por grupo. Porque, lembran, cunha ratio máis reducida, a rapazada pode estar mellor atendida, poñendo maior atención naqueles con necesidades especiais ou nos máis vulnerables socioeconomicamente.











