Campaña do Día da Nai de Zona Aberta

VILAGARCÍA> Sorteo de 500 euros pola compra de agasallos do Día da Nai. A asociación Zona Aberta de Vilagarcía presentou a súa nova campaña na que ademais obsequiará cun carro de bebé a aquelas mulleres que dean a luz o día 5 de maio. Os comerciantes esperan unha boa acollida desta promoción.

A Asociación Zona Aberta de Vilagarcía volve a lanzar unha campaña para fomentar as compras no comercio local. O motivo escollido esta vez é a celebración do Día da Nai. Todos os que realicen as súas compras nos comercios asociados entrarán nun sorteo de 500 euros.

Ademais do sorteo tamén se agasallará cun carro de bebé a aquelas mulleres que dean a luz o día 5 de maio.

Dende a Asociación esperan que a campaña teña unha gran acollida. Que este festexo se celebre sempre en domingo favorece o aumento das vendas.

Os boletos nos comercios entregaranse dende hoxe ata o día 5 de maio. Esta nova campaña de Zona Aberta vén despois da realizada polo día da Pascua na que se acadou un gran éxito repartindo todas as roscas que agasallaban.

Comments are closed.