Grandes novidade na XLIII Festa do Carneiro ó Espeto de Moraña

    carneiro_espetocopy.jpgMORAÑA> Os interesados xa poden solicitar os lotes, suficientes para vinte comensais, ata o 16 xullo para degustalos na Carballeira de Santa Lucía.

    {flowplayer}images/salnes/CARNEIRO_MORANA_2012.flv{/flowplayer}

    Un programa das festas que arrancará o vindeiro seis de xullo e culminará o día grande da festa o domingo 29. Isto é a corenta e tres edición da Festa do Carneiro ó Espeto de Moraña. Unha edición para a que desde o concello deseñaron todo tipo de actividades, desde obradoiros para os máis cativos, pasando por un concurso de cociña, talleres de música e xogos deportivos para tódalas idades.

    Para a degustación do carneiro dicirlles que xa está aberto o prazo para solicitalos lotes, suficientes para unhas vinte persoas cada un, que terán un custe de trescentos euros. Poderán anotarse ata o dezaseis de xullo. Desde o concello agardan superalo éxito de participación da edición pasada.

    Para polo broche de ouro á festa, pola noite actuarán as orquestras Panorama e American Top. Así mesmo, o sábado 28 celebrarán a primeira Gala Carneiro ó Espeto, que contará coa actuación de David Civera, e o venres 27 será a quenda das orquestras Cinema e Bámbola. Con todo, a pesares da cantidade de actividades programadas para esta edición, o orzamento da festa é inferior ó do ano pasado, non supera os 124.000 euros.

    Poden acceder a máis información sobre a festa e as diferentes actividades no propio concello.

    Redacción Salnés