Música e gastronomía maridarán en Cambados no regreso da festa da viera

CAMBADOS> Música é gastronomía maridarán en Cambados no regreso da festa da viera do 15 ao 17 de xullo. A décimo oitava edición deste evento preséntase con tres días de festa nos que se inclúen grupos musicais, showcookings e por suposto a venda desta saboroso marisco. As vieiras elaboraranse de dúas maneiras diferentes a un prezo popular de catro euros.

Cambados volverá a poñer en valor un dos seus produtos máis importantes co regreso da festa da Vieira. A confraría recupera o festexo unha vez superada a pandemia e presenta tres días de programacións que mesturan música e gastronomía.

Dende o concello colaboran co evento e destacan a importancia para a vila de celebrar esta festa.

No apartado musical, o venres actuará a Banda da Loba e o sábado os grupos de rock Muzak e Battosai.

A festa que terá lugar do 15 ao 17 de xullo incluirá un showcooking de primeiro nivel en cada xornada. Serán dun máximo de 20 prazas e é necesarios inscribirse previamente en Zona Centro.

Ademais destes eventos, o produto estrela venderase nunhas Foodtrucks a un prezo popular de catro euros. Os horarios de venda son de mañá de 13:00 a 16:00 horas e de tarde de 20:00 a 23:00 horas.