SANXENXO> Catros mozos feridos, un deles moi grave, tras caer dende un balcón dun primeiro piso en Sanxenxo. Segundo explican os veciños, os mozos gozaban dunha festa na vivenda cando preto da 1 da mañá a varanda cedeu provocando a caída. Un deles foi trasladado ao hospital clínico de Santiago en estado moi grave.
A noite deste xoves en Sanxenxo deixou un suceso tráxico que fai temer pola vida dun mozo de 18 anos. Os feitos tiveron lugar neste edificio da Rúa de Madrid de Sanxenxo. Oito mozos gozaban dunha xornada festiva nunha das vivendas do primeiro piso cando, por motivos que aínda se descoñecen, a varanda cedeu provocando a caída de catro dos mozos ao patio de luces.
A pesar da rápida intervención dos equipos de emerxencias de Sanxnexo e da policía local, o delicado estado de saúde dalgón dos mozos obrigou aos profesionais a trasladados aos hospitais da contorna. o máis grave, un mozo de 18 anos permanece ingresado no hospital clínico de santiago na unidade de coidados intensivos en estado moi grave. Outros dous, ambos de 19 anos, foron trasladados ao hospital de Montecelo, en Pontevedra, un está ingresado por un traumatismo craneoncefálico leve e outro sofre varias fracturas costales. O cuarto ferido foi dado de alta tras recibir asistencia no centro médico de Baltar.
O suceso deixa conmocionado ao todo barrio, de feito os veciños non qixeron facer declaracións. Fora de cámaras si confirmaron que escoitaran a música que proviña da vivenda pero que non se decataron da caída ata que chegaron os efectivos de emerxencias. De feito, ante a gravidade, foi necesaria a presencia da ambulancia medicalizada de Blatar e de tres ambulancias asistenciais dos bombeiros de Ribadumia e da Garda Civil.
No lugar dos feitos, estivo esta mañá a policía cienfítica traballando para recadar toda a información posible e esclarecer o acontecido. No patio de luces aínda se podían visualizar as consecuencias do grave incidente.
Ante o acontecido, membros do goberno local se trasladaron ata o inmoble para coñecer de primeira man o estado de saúde dos afectados e para asegurar que non se provocasen máis danos. O arquitecto municipal e xurídico revisou o resto de balcóns do inmoble para comprobar o seu estado e prever novos derrubes.
Aínda así, o concello requirirá á comunidade de veciños que realice unha inspección xeral de todos os balcóns, a pesar de que o edificio conta con só 34 anos. De esta forma quérese velar pola seguridade e evitar máis incidencias.
Dende o concello tamén quixeron mostrar o seu malestar polo acontecido e desexar que os feridos poidan recuperarse.