Un novo acto vandálico reabre o debate sobre a falta de seguridade

    vandalismovilagarcia copia100.jpgVILAGARCÍA> Unha ducia de comercios da rúa Rei Daviña apareceron cos escaparates raiados despois da fin de semana.

    {flowplayer}images/salnes/VANDALISMO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Con marcas coma esta, feitas cun obxecto punzante a modo de sinatura, é como amenceron preto dunha ducia de comercios da céntrica rúa de Rei Daviña. Un acto vandálico do que se descoñece o autor, pero que se achaca á festa nocturna da fin de semana.

    A realidade é que esta acción pode saír moi cara para os comerciantes, que terían que substituír o cristal ó completo para arranxar o desperfecto. Unha situación que provocou a indignación do colectivo e, a pé de rúa, a reapertura do debate sobre a falta de seguridade que sofre a capital arousá.

    Ademais dos escaparates raiados, o autor tamén empregou pintura para deixar a súa marca noutras zonas, como nalgunhas pezas do mobiliario urbano da rúa.

    A maioría dos comerciantes afectados xa presentaron onte a súa denuncia na comisaría da Policía vilagarciá, aínda que o colectivo está a estudar a posibilidade de tomar medidas en conxunto para dar máis pulo as súas reclamacións.

    Redacción Salnés