Comeza a retirada do escombro na nave calcinada en Caldas

    frigorificos_devesa100.jpgCALDAS> Durante toda esta noite, os Bombeiros do Salnés, estiveron vixiantes na nave Frigoríficos Devesa, que resultou calcinada nun espectacular incendio orixinado onte ó mediodía.

    {flowplayer}images/salnes/control_bombeiros_incendio_devesa.flv{/flowplayer}

    No lugar do sinistro traballan efectivos deste parque con dous vehículos, xa que quedan pequenos focos na parte interior, debido ós restos de graxa e aceite do material almacenado, entre outros carnes e pescados.

    A primeira hora da mañá, os bombeiros dos parques de Ribadumia e Vilagarcía tiñan xa controlado o incendio e estiveron refrixerando a zona para permitir logo a retirada do escombro. Unha tarefa na que colabora o Concello de Caldas, que facilitou unha pala municipal.

    Os bombeiros aseguran que este tipo de lumes, en naves industriais, son aparatosas pola carga térmica e pola superficie involucrada. Por iso, onte os Bombeiros do Salnés, os primeiros en chegar, tiveron que reclamar a axuda doutros parques e mesmo de compañeiros que tiñan o día libre.

    Os responsables da empresa e algúns traballadores estiveron hoxe nas instalacións, non quixeron facer declaracións, e contemplaban, algúns con bágoas nos ollos, as consecuencias do terrible incendio. No día despois, toca avaliación de danos e investigar o por qué.

    Redacción Salnés