Vilagarcía aproba por unanimidade solicitar a declaración de Bic para a igrexa de Vilaxoán e a súa contorna

VILAGARCIA> O pleno de Vilagarcía aproba con maioría solicitar a declaración de BIC para a contorna da igrexa de Sobrán. Esta protección incluiría tamén o pazo e o cemiterio. A igrexa necesita numerosos arranxos que, segundo os populares, sufragará a Xunta de Galicia.

O pleno de Vilagarcía aprobou este xoves por unanimidade solicitar a declaración de BIC para a contorna da igrexa de San Martiño de Sobrán, en Vilaxoán. Esta declaración de ben de interese cultural suporía a protección da zona, incluíndo o pazo e o cemiterio. Os técnicos xa traballar para estudar a solicitude.

A igrexa de San Martiño de Sobrán data do século XII. Unha das máis antigas da contorna. O paso do tempo nótase na basílica que necesita importantes arranxos. Dende o PP de Vilagarcía aseguran que a Xunta financiará a restauración. A administración autonómica ten aprobado un proxecto investir 160 mil euros na restauración do tellado da capela e da sancristía, das torres e doutras zonas do interior.

A contorna da igrexa atópase neste momentos en obras. O concello e a deputación investiron ao redor de 800 mil euros en arranxar tanto a rúa como as canalizacións. O proxecto avanza segundo o previsto.

A declaración de BIC é un proceso que se solicita na consellería de cultura e que ten uns trámites bastante longo. Pola súa parte, as obras da rúa Sobrán están preto de rematarse, de feito, o tramo que se sitúa diante da igrexa xa está totalmente renovado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí