O concello ordena o ‘inmediato desaloxo’ dos feirantes de Portonovo

    ACAMPADAILEGALBALTAR copia.jpg SANXENXO> O anuncio producíase horas despois de que SAL presentase un escrito no que demandaba o levantamento desta acampada.

    {flowplayer}images/salnes/DESALOXO_ACAMPADA_PORTONOVO.flv{/flowplayer}

    Roldaba a unha da tarde cando o portavoz de Sanxenxo Agrupación Liberal chegaba ás dependencias do concello para presentar un escrito no rexistro. Nel solicitaba ó goberno local o desaloxo das caravanas dos feirantes que se instalan no entorno do campo de Baltar polas festas de Portonovo. Desde SAL manteñen que se trata dunha acampada ilegal da que os veciños veñen protestando hai anos, sen que o executivo municipal non faga nada.

    Pois ben, non se sabe se por casualidade ou non, horas despois o concello de Sanxenxo ordenaba o inmediato desaloxo deste asentamento. O acordo fraguouse esta mañá durante unha reunión que mantiñan a alcaldesa, Catalina González, o concelleiro de Medio Ambiente e a edil de Cultura. O goberno local coincide con SAL en que este asentamento é ilegal por non contar os feirantes coa correspondente autorización municipal. Ademais, están facendo uso de servizos municipais como a rede eléctrica ou a de recollida de pluviais, sen contar co prexuízo que causan a nivel de imaxe. O executivo solicítalle ó presidente da comisión de festas de Portonovo que deixe de alugar parcelas na parroquia para dar cabida a estes campamentos.

    Redacción Salnés