Aragunde acusa ao goberno de desinterese en canto ao proxecto da Praza de Abastos

CAMBADOS> O voceiro do PP en Cambados, Luís Aragunde, acusou ao actual equipo de goberno de mala xestión e falta de interese en canto a reforma da Praza de Abastos da vila, unha instalación fundamental para a vila.
Luís Aragunde, convocou aos medios en Cambados para falar da Praza de Abastos. O popular acusa ao actual equipo de goberno da vila de falta de interese en canto ao proxecto da citada instalación municipal.
Aragunde sinalou que durante a súa xestión se deixaron apalabrados 3 millóns de euros procedentes de diferentes administracións para a nova Praza de Abastos e amósase seguro das súas palabras. O popular reta a Xurxo Charlín a que amose os rexistros de entrada de rexistro da documentación nas administracións pertinentes.
Para o voceiro da oposición sinala que é imposible tramitar tema algún habendo períodos de inacción de case un ano, e acusa ao equipo de goberno de tardar case un ano en dar resposta ao Plan Especial de Portos de Galicia do que depende a nova Praza de Abastos.