Ana Peleteiro suma un novo título nacional

RIBEIRA> Ana Peleteiro revalidou esta pasada fin de semana en Ourense, por oitavo ano consecutivo, o título de Campioa de España de triplo salto en pista cuberta.

A atleta ribeirense facía un salto de 14’32. Marca que lle valeu para levarse o trunfo na súa disciplina e conseguir ademais mínima para acudir tanto ós próximos Mundiais de Glasgow como tamén ós Xogos Olímpicos de París.

Despois dun parón obrigado pola maternidade e a volta ós adestramentos, parece que está de novo ó seu máximo nivel. O seu soño, o de acadar unha medalla olímpica, está, se cadra, máis preto…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí