BARBANZA> A Conselleira de Infraestruturas anunciou a inminente execución de varias actuacións na comarca en materia de seguridade viaria. Unha delas, moi demandada polos veciños, consistirá na construción de beirarrúas na zona de Vilariño, en Boiro. A obra ascenderá a cento sesenta mil euros. Tamén se intervirá en Porto do Son para incrementar a seguridade viaria na estrada comarcal ó seu paso pola Arnela. Reforzarase o muro de contención, actualmente moi deteriorado. Ademais se está a estudar a ampliación do ancho na curva para construír unha beirarrúa que permita ós peóns transitar pola zona sen ningún perigo. Estas dúas actuacións suporán un investimento de douscentos corenta mil euros.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










