RIANXO> A ampliación de chan industrial constitúe o principal reto do goberno rianxeiro para este exercicio. Xunto a este, a creación dun centro de día e a mellora da xestión de recollida de residuos son os obxectivos máis destacados para este 2025.
Tras pechar o ano 2024 cun bo balance inversor, especialmente no que se refire á dotación de servizos básicos, o concello de Rianxo afronta o 2025 con tres grandes retos. O principal: a creación de chan industrial que actualmente se atopa esgotado a pesar do grande interese das empresas por asentarse na localidade.
Dende o goberno local márcanse tamén como obxectivos no presente ano a consecución dun centro de día para Rianxo ea renovación do servizo de recollida do lixo.











