Os cativos do Xulio Camba descobren a navegación a vela

    NAVEGAEDUCA copia.jpg VILANOVA> A goleta Raquel C atópase estes días atracada no porto vilanovés para que escolares e veciños poidan coñecer a súa historia.

    {flowplayer}images/salnes/navega_educa_vilanova.flv{/flowplayer} 

    O buque escola Raquel C atópase esta semana en Vilanova de Arousa para amosarlle ós escolares e asociacións do municipio os segredos da navegación nun barco de vela. Os primeiros en subir a este buque escuela foron os alumnos de infantil e primaria  do CEIP Xulio Camba, que durante unha hora coñeceron a historia desta embarcación.

    Os rapaces tamén desenvolveron unha unidade didáctica sobre o medio ambiente. Foi na bodega, precisamente un dos lugares do barco que máis lle gustou ós cativos. A actividade inclúese no proxecto educativo Navega e Educa, da Mancomunidade do Salnés. Esta semana tamén participarán os alumnos de secundaria de Vilanova cunha saída ó mar.

    E xa na fin de semana, estará a disposición das asociacións culturais, deportivas e de mulleres rurais. O alcalde de Vilanova visitou esta mañá a goleta. Gonzalo Durán confía en que este verán Vilanova recupere o tráfico de pasaxeiros. Precisamente esta semana arrancaron as obras desta estación marítima. Portos de Galicia iniciou os traballos co almacén. O proxecto inclúe tamén a reforma e ampliación da lonxa e a construcción da estación marítima.

    Redacción Salnés