8 confrarías da Ría de Arousa mostran o seu malestar coa xestión de Rañeiros dos bancos marisqueiros

VILAGARCIA> Os patróns maiores de diferentes confrarías da Ría de Arousa mostran o seu malestar coa xestión de rañeiros de Arousa. Os patróns denuncian que as zonas de marisqueo están abandonadas e que se está poñendo en risco o traballo de moitos mariñeiros. Piden á consellería que recupere a xestión e que se faga un novo plan xestionando cada banco polas confrarías máis próximas.

División no sector do raño na ría de Arousa. 8 confrarías, Vilaxoán, Carril, Rianxo, Pobra, Cabo de Cruz, Ribeira e Aguiño, mostran o seu malestar pola xestión que Rañeiros fai dos bancos marisqueiros da ría.

A preocupación é máxima especialmente nos Lombos do Ulla e en Cabío. Bancos que, segundo advirten os patróns, están abandonados.

Piden á consellería que recupere a xestión e que se faga un novo plan no que cada banco de marisqueo sexa xestionado polas confrarías máis próximas.

Os patróns maiores advirten do risco de catástrofe para o sector marisqueiro na ría de Arousa. Tamén matizan que non queren enfrontamentos nin con rañeiros nin con a Xunta, se non que se tomen medidas en conxunto para que as ameixas volvan abundar nas augas de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí