Pontevedra acolle as xornadas ’20 anos de CineGalicia’

    cinegalicia_copia100.jpgPONTEVEDRA> Recordarase a mostra de 1989, data na que naceu o cine galego como longametraxe. As xornadas terán lugar na facultade de Ciencias Socias e da Comunicación, no Campus da Xunqueira.

    {flowplayer}images/salnes/XORNADAS_CINE.flv{/flowplayer}

    Nestas xornadas celebrarase o 20 aniversario do cine galego como longametraxe. Dúas décadas de películas feitas en Galicia, non só para os galegos, senón tamén con miras a exportar un sector en constante ebulición. O secretario xeral de medios, recordou que 1989 é unha data relevante para a nosa cultura. O berce onde naceron as ilusións, as ideas e os proxectos de novas películas.

    Alfonso Cabaleiro afirmou que o cine galego camiña erguido da man dos seus profesionais, acompañado co apoio da Xunta e da Televisión de Galicia.

    Na mostra recordarase o pasado, pero tamén animarase ós futuros profesionais a seguir creando.

    O vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jesús Hernández, declarou que estas xornadas permitirán coñecer o pasado para ser fortes no futuro.

    Nas xornadas contarase coa presenza dos directores, guionistas e demais equipo da mostra de 1989.

    Redacción Salnés