Aparece o corpo dunha muller no peirao de Vilagarcía

    fotoafogadacopia.jpg VILAGARCÍA> Foi un pescador o que deu a voz de alarma ó atopar un bulto flotando na auga. A vítima era Josefa Lorenzo Lorenzo, de 87 anos de idade.

    {flowplayer}images/salnes/FalecidaPeiraoVilagarcia.flv{/flowplayer}

    Foron uns pescadores os que deron a voz de alarma. Sobre as oito menos cuarto da tarde, no peirao de Pasajeros, atopábase o corpo dunha muller de 87 anos de idade flotando na auga. Concretamente na zona comprendida entre a dársena dúas e o peirao de O Cavadelo.

    Os pescadores habituais que se achegan ata aquí atoparon na punta do espolón, cerca das rocas, unha chaqueta, un bolso, unhas gafas, unhas zapatillas e mesmo unha bolsa con froita. Foi entonces cando se percataron de que na auga flotaba un bulto e avisaron á embarcación do Servizo de Vilancia Aduaneira que se atopaba nas inmediacións. Cando estes se achegaron á zona se percataron de que era unha persoa.

    Ata aquí se desprazaron voluntarios de Protección Civil, a Policía Portuaria e a Policía Nacional. Posteriormente foron os buzos de Portección Civil os que retiraron o cadáver da auga.

    Polo de agora descoñécense as causas do accidente, á espera do resultado da autopsia.

    Redacción Salnés