Vilanova comeza o ano cunha nova ordenanza para as empresas

    VILANOVA> O primeiro de xaneiro entrará en vigor no Concello de Vilanova a nova ordenanza que regula a tramitación de licencias de aperturas para…

    {flowplayer}images/salnes/cambio_ordenanza_vilanova.flv{/flowplayer}

    … os comercios e empresas. A partir desta data, na meirande parte dos casos, abondará con mandar un escrito ó Concello antes de iniciar a actividade, co que se aceleran un mínimo de dous meses o trámite destas xestións.

    Esta ordenanza foi aprobada en pleno o pasado mes de setembro, e a partir de aí cumprir cos trámites regulamentarios. De agora en diante, a apertura dun negocio en Vilanova poderá facerse en 24 horas, agás aquelas empresas que pola súa actividade precisen outro tipo de informes previos sobre a súa actividade.

    A intención do executivo vilanovés e liberalizar o comercio, tanto a concesión de licencias como o horario de apertura, adaptándose así canto antes á directiva europea que parte da lei Omnibus.

    Redacción Salnés