Rexistran a casa familiar de Villaverde na busca de indicios

    rexistrovillaverde copia.jpg COTOBADE> A Garda Civil rexistrou o inmoble en presenza do imputado coma presunto responsable da desaparición de María José Arcos.

    {flowplayer}images/salnes/REXISTRO_CASA_RAMIRO_VILLAVERDE.flv{/flowplayer}

    Durante máis de dúas horas a policía xudicial rexistrou tódalas estancias da vivenda familiar de Ramiro Villaverde, situada no concello de Cotobade, xunto co recinto da propiedade, emprazamento onde se sospeita que podería estar soterrado o corpo de María José Arcos. Mesmo, empregaron un xeorradar, solicitado pola Garda Civil ó xuíz de Ribeira, para buscar posibles restos humanos. Pasadas as dúas e media da tarde, os axentes e o imputado abandonaban o lugar sen transcender ningún dato sobre o rexistro.

    Ramiro Villaverde era amigo da compostelá, desaparecida desde o 15 de agosto de 1996 e cuxo coche e obxectos persoais apareceron días despois xunto ó Faro de Corrubedo. O caso reabríase fai dous anos pero non foi ata o pasado martes cando o acusado foi detido na súa vivenda de Luou, en Teo, por atopar contradicións na súas declaracións, segundo recolle o auto de detención. Esta previsto que pase mañá a disposición do xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, momento no que se cumprirán as 72 dúas horas desde a súa detención, tempo máximo determinado pola lei.

    Redacción Salnés