Martín Fiz correrá a Sin-Son 10k 2016

    PORTO DO SON> Á falla aínda de máis dun mes para a súa celebración, terá lugar o 18 de decembro, o ritmo de inscricións na Sin-Son 10K é moi alto, chegando nestes momentos ós 559 participantes. Dende a organización agardan poder chegar a un número semellante ó da edición do ano pasado, na que se deron cita uns 2.800 corredores. O que si xa está confirmado é a presenza na proba de Martín Fiz. Un dos maratonianos españois máis laureados de tódolos tempos. Campión do Mundo e tamén de Europa na década dos 90 nesta especialidade. Será un dos atractivos desta carreira que xa se está a converter nunha das probas consolidadas no calendario galego da especialidade.