Sanitarios e pacientes demandan un psicólogo a tempo completo no hospital do Barbanza

RIBEIRA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para que se dote ó hospital comarcal dun psicólogo a tempo completo. Actualmente, está praza está compartida co hospital de Lalín.

O servizo de psicoloxía do hospital do Barbanza conta só cun profesional compartido co hospital de Lalín, polo que só presta servizo dous ou tres días á semana. Ademais trátase dunha praza non orzamentada polo que cada seis meses cambia de titular, o que supón unha importante merma da calidade asistencial nun servizo especialmente sensible.

Polo de agora, a plataforma xa leva recollidas preto de tres mil sinaturas, dende outubro cando se iniciou a campaña.