Pontevedra, capital galega do tenis infantil e júnior

PONTEVEDRA > Pontevedra acollerá, do 1 ao 10 de marzo, o Campionato Galego Infantil e Júnior de tenis, ademais do Torneo Babolat Alevín e Cadete. As dúas probas contarán con máis de 300 tenistas e en total disputaranse máis de 150 partidos.

O Club de Tenis Pontevedra e o Casino Mercantil e Industrial únense para colaborar na organización do Campionato Galego Infantil e Júnior, ademais do primeiro torneo Babolat Alevín e Cadete. Dúas competicións que comezarán o día 1 de marzo e que rematarán o día 10, e que converterán á Boa Vila na capital do tenis galego.

Este é o primeiro evento da Federación Galega de Tenis no que dous clubs colaboran na organización.

En total hai máis de 360 inscritos e están programados máis de 150 partidos. A organización está segura de que esta será unha experiencia moi positiva para os clubs e esperan que sexa todo un éxito.

Durante a primeira fin de semana celebraranse as fases previas e na segunda as semifinais e as finais. En canto o horario, os venres soamente se xogará pola tarde e durante a fin de semana comezarase as 10.00 horas e rematarase sobre as 21.00 horas.

Comments are closed.