O paseo de Escarabote contará cun espazo de esparexemento

    galponboiro_100.jpgBOIRO> O xefe de Demarcación de Costas do Estado, Rafael Eimil fixo un repaso dos investimentos realizados nos últimos anos.

    O xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Rafael Eimil desprazouse ata Boiro onde informou da próxima adxudicación dun proxecto de recuperación dunha zona do paseo marítimo de Escarabote, onde está previsto acometer a construción dun espazo de esparexemento para ós veciños. A actuación inclúe a demolición dun galpón anteriormente xa expropiado por Costas, cunha contía de oitenta e tres mil euros. Ademais está previsto recuperar un camiño de acceso a praia dende o paseo que se executou cunha achega do Ministerio de Medio Ambiente de máis de setecentos mil euros.

    {flowplayer}barbanza/visitaeimilboiro.flv{/flowplayer}

    O tenente de alcalde de Boiro lembrou que se puxera a disposición de Costas a recuperación medioambiental do estuario do río Coroño, un proxecto ó que o organismo estatal xa deu o seu visto e prace. Pola súa banda, Eimil fixo un balance das últimas actuacións de Costas no municipio, onde investíronse máis de dez millóns de euros, sete dos cales destináronse á rexeneración de Barraña, o paseo de Escarabote e pequenas actuacións como canalizacións de ríos ou limpeza e mellora de acceso de praias.

    Redacción Barbanza