NOIA> O Coliseo Noela de Noia acollerá este vindeiro sábado, a partir das oito e media da tarde, a estrea do novo espectáculo do director Jorge Gallardo titulado ‘Sonetos do Sótano’.
Trátase dun novidoso proxecto audiovisual sobre poesía, pero non será só iso, xa que haberá música en directo e tamén un recital poético a cargo de recoñecidos autores.
As entradas pódense adquirir de xeito anticipado na oficia de Turismo, situada no edificio do Casino, ata o propia sábado, en horario de doce a dúas.
A actividade está organizada pola concellería de Cultura.








