España será a primeira en chegar a Vilagarcía

SALNÉS> Estamos a unha semana para que dé comezo a Vilagarcía Basket Cup. A organización xa anunciou que a primeira selección en pisar Vilagarcía será a de España, con Juan Antonio Orenga á cabeza. O combinado nacional chegará o luns.

Xa queda menos para o inicio da Vilagarcía Basket Cup. A décimosexta edición arranca de xeito oficial o vindeiro xoves se ben a selección española estará en Vilagarcía dende o luns. O conxunto adestrador por Juan Antonio Orenga aterrará en Santiago o día 18 pola mañá e desprazarase inmediatamente cara terras arousáns, onde realizará unha mini concentración de tres días, previa ó campionato.

A sub18 nacional fará dobres sesións de adestramentos no pavillón cambadés do Pombal e chegará aquí con 19 xogadores dos cales tan só 12 poderán actuar no torneo de Fontecarmoa.

O resto de expedicións non chegarán ata o día antes. A primeira en desembarcar en Vilagarcía será Francia, o mércores a primeira hora da mañá, mentres que Italia e Alemaña chegarán a partir da tarde.

Asimesmo o Comité organizador deu a coñecer outra das novidades do torneo deste ano. Será a elección do MVP de cada encontro, ó que se lle entregará un pequeno recordo.

No que respecta ó ritmo de venta de entradas e abonos, está a ser altísimo. Iso fai que a día de hoxe tan só poidan adquirirse vía internet ou no propio pavillón de Fontecarmoa. A través da páxina de Servinova pódense mercar entradas para o espectáculo Humor de todos, que se celebrará o venres 22 no Auditorio de Vilagarcía.

Redacción Salnés