Luís Pérez Barral aspira a liderar o cambio de rumbo de Ribeira

RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou este sábado a súa candidatura ás municipais de maio. Luís Pérez Barral encabeza un equipo renovado con presenza de persoas de tódalas parroquias e de tódolos sectores económicos así como dos movementos sociais máis destacados.

O BNG de Ribeira sae a gañar. Faino cun equipo capacitado , conformado por 31 integrantes, que tratarán de desenvolver o potencial de Ribeira.

Presentan como aval o traballo feito ó longo desta lexislatura dende a oposición impulsando proxectos tan destacados como a nova residencia ou o polígono indusrial.

Acompañan a pérez Barral nesta nova andadura, Cruz Rivadulla, Veva Betanzos, Antía Alberte e Xabier Vidal nos postos de saída.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí