O concello de Pontevedra agradece a colaboración danesa de cara á organización do Multisport 2019

Pontevedra> E en Dinamarca continúas as reunión e actos con motivo da celebración en Pontevedra, no vindeiro ano, do Multisport 2019. Nesta xornada mantiveron unha reunión os comités organizadores deste evento en Odense e a Boa Vila. Unha reunión onde se deron cita as máximas autoridades do triatlón a nivel mundial.

As autoridades deportivas danesas destacaron o importante que resulta que tres institucións como Concello, Deputación e Xunta estean unidas coas Federacións Deportivas para levar adiante un evento da importancia deste mundial. O alcalde Lores tamén agradeceu o trato dispensado, as facilidades que se ofreceron á delegación pontevedresa para despregar a súa campaña informativa e a disposición dos distintos efectivos a compartir información e modos de traballo. Unha xuntanza onde á que asistiron a presidenta da ITU, o alcalde e as autoridades deportivas danesas, a presidenta da Deputación, a secretaria xeral para o deporte da Xunta, , e os presidentes das federación española e galega de triatlón.