‘A Xunta traballa para evitar a liquidación de Alfageme’

    ALFAGEMEMARTA copia.jpg VILAGARCÍA> A deputada Marta Rodríguez asegura que o conselleiro de Industria recibirá a sindicatos e comité de empresa e culpa ó anterior bipartito da débeda dos avais.

    {flowplayer}images/salnes/RP_PP_VILAGARCIA_060812.flv{/flowplayer}

    A deputada popular Marta Rodríguez Arias compareceu ante os medios de comunicación para aclarar a versión da Xunta con respecto ó proceso que está a atravesar Alfageme. Rodríguez insistiu nos argumentos que xa manifestou a consellería de Industria o pasado xoves cando anunciaba o desbloqueo dos avais e pago ‘inminente’ ás entidade financeiras: que o goberno galego segue a traballar para atopar unha solución ó conflito e evitar a liquidación de Alfageme.

    A deputada nun soubo aclarar cando se fará efectivo o pago dos avais pero si confirmou que o conselleiro de Industria recibirá ós sindicatos e comité de empresa de Alfageme. Así llo confirmou o propio Javier Guerra ó alcalde Tomás Fole nunha conversa telefónica que mantiveron onte.

    Rodríguez insistiu en que o pago dos máis de trinta millóns de avais é posible grazas ó plan de austeridade que se está a marcar o actual goberno galego e aproveita para cargar contra a anterior Xunta bipartita. Ela concedeu os avais, endebedando as arcas autonómicas, di Rodríguez, a sabendas de que a viabilidade da sociedade Bernardo Alfageme non estaba clara.

    Coa fin de exemplificar esa política despilfarradora do bipartido, Marta Rodríguez asegurou que durante a pasada lexislatura, PSOE e BNG concederon máis de trescentos millóns de euros en cento dezasete avais cos que se beneficiou sobre todo a grandes empresas. Uns números, que segundo a deputada, contrastan coa política mantida polo actual goberno autonómico.

    Cuestións políticas á marxe, Rodríguez intentou lanzar unha mensaxe de tranquilidade, afirmando a súa confianza en que o conselleiro de Industria velará por que Alfageme non acabe indo a subhasta pública.

    En mans dos administradores

    O conselleiro de Industria tamén realizou declaracións ó respecto de Alfageme. Foi nunha entrevista concedida á cadena SER. Nela Javier Guerra asegurou que agora o futuro da conserveira está en mans dos administradores concursais e que o goberno galego non pode proceder á adxudicación directa da firma a El Consorcio.

    Redacción Salnés